A normativa sempre prevalece sobre calquera información. Esta páxina contén información extraída da actual normativa polo Departamento de Información e Orientación Profesional do CIFP A Xunqueira. Calquera dúbida ou contradición resolverase de acordo á normativa vivente.
Que significa validar un módulo en ciclos formativos?
Validar un módulo en ciclos formativos significa recoñecer os estudos oficiais xa superados polo/a estudante, sen que teña que cursar ese módulo de novo no ciclo actual.
Que implica a validación?
Implica que a cualificación obtida nos estudos previos será trasladada ao novo ciclo formativo, sempre que cumpra cos criterios establecidos.
Qué módulos se poden validar?
Todos os módulos do ciclo poden ser obxecto de validación excepto o Proxecto (non é validable en ningún caso) e o módulo de FCT ou Formación en empresa ou organismo equiparable de réxime xeral (é susceptible de exención total ou parcial de acordo co procedemento establecido a ese efecto).
Que estudos podo aportar para validar un módulo?
-
Estudos de ciclos formativos de FP LOE ou LOXSE
-
Certificados de profesionalidade ou acreditación de competencias obtidas a partir do procedemento ARA.
-
Estudos universitarios (só validan en ciclos superiores)
-
Estudos de FP I e II
-
Certificacións da Escola Oficial de Idiomas, no caso de Inglés
A experiencia profesional é válida para solicitar unha validación?
A experiencia profesional e a formación non formal (“cursiños”) non poderán ser achegadas para validar módulos, salvo que estean acreditados polo recoñecemento de acreditación de competencias profesionais.
Podo presentar un módulo previamente validado para solicitar unha nova validación?
Non, os módulos profesionais ou estudos universitarios que fosen previamente validados non poden utilizarse para solicitar outra validación. Será necesario aportar a documentación empregada para a primeira validación.
Poden validarse módulos a partir de estudos estranxeiros?
Os estudos equivalentes e os estranxeiros homologados con títulos españois non poderán ser aportados para validar, pero os módulos profesionais acreditados por homologación dun título estranxeiro, si poderán ser achegados para validar nas mesmas condicións e seguindo o mesmo procedemento.
Cales son os requisitos para validar un módulo nun ciclo formativo?
- Estar matriculado no módulo a validar
Excepción: Nos ciclos de réxime modular( presencial e distancia) é posible solicitar validación de módulos dos que non se formalizou matrícula, sempre que sexan validacións que resolve a Dirección do Centro (non para aquelas que resolve o MECD, que requiren matrícula no módulo).
- Presentar unha solicitude oficial no Centro.
-
Achegar a documentación pertinente.
Que validacións resolve directamente a Dirección do Centro e cales o Ministerio de Educación?
O Centro resolve as validacións de módulos a partir da achega de:
- Módulos superados de títulos LOE , recollidas no anexo III do RD 1085/2020, do 9 de decembro.
- Módulos superados de títulos LOXSE, recollidas no anexo II do RD 1085/2020, do 9 de decembro.
- Módulos superados de títulos posteriores ao 5 de marzo de 2017 (recollidos nos Anexos IV de cada un dos Reais decretos polos que se establecen os títulos posteriores a 5 de marzo de 2017)
- Competencias acreditadas ou estandares de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, recollidas no anexo V do currículo de cada ciclo.
- Validacións de IPE I e II, FOL e EIE
- Inglés
- Sostibilidade aplicada aos sectores produtivos
- Dixitalización aplicada aos sectores produtivos
- Módulos optativos: Habilidades comunicativas en lingua estranxeira e Afondamento nas competencias profesionais.
Os módulos que valida a Dirección do Centro considéranse como superados para a promoción de curso, no réxime ordinario e non se considerarán para os efectos de compatibilidade e carga horaria no réxime de persoas adultas nin no caso de matrícula simultánea.
O Ministerio de Educación resolve validacións de módulos a partir da achega de :
-
Por ter estudos universitarios superados (Só para validacións en ciclos superiores), coa excepción de Inglés, que resolve o Centro
-
Por títulos de FP da Lei do 70 (FPI e FPII)
As validacións do Misterio de Educación son resoltas de xeito individualizado, previo estudo da documentación aportada en cada caso.
Que cualificación se aplica aos módulos validados?
-
Os módulos validados manterán a cualificación obtida no módulo profesional cursado anteriormente para efectos de obtención da nota media, salvo as excepcións recollidas na táboa
|
Cualificación aportada |
Cualificacións no módulo validado |
|
Módulos de idiomas achegando certificacións oficiais da Escola oficial |
Validado, sen cualificación* |
|
Estudos universitarios |
Validado, sen cualificación* |
|
Módulos de estudos anteriores á LOXSE |
Validado, sen cualificación* |
|
Acreditación de competencias ou certificados de profesionalidade |
Validado, cualificación “5” |
|
Módulos validados por resolución de estudos estranxeiros |
Validado, cualificación “5” |
|
FOL sen cualificación |
Validado, cualificación “5” |
* Non computa para o cálculo da nota media
-
Cando a validación require máis dun módulo profesional, a cualificación final será a media aritmética das cualificacións obtidas nos devanditos módulos.
-
Nos módulos idénticos (mesmo código, denominación, capacidades e resultados de aprendizaxe, contidos e duración) aplícase un traslado da cualificación obtida anteriormente, no momento da matrícula. Neste caso non sería necesario solicitar validación. Excepción: Dixitalización aplicada aos sectores produtivos e Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo.
Cales son as condicións para validar os módulo de IPE I, IPE II, FOL e EIE?
IPE I (Itinerario profesional para a empregabilidade) ou FOL (Formación e orientación laboral) poderán validarse nestes casos:
-
FOL ou IPE I superado nun ciclo LOE valida FOL ou IPE I en calquera outro ciclo LOE, con independencia do grao.
-
FOL superado nun ciclo LOXSE valida FOL LOE/ IPE I sempre que se acredite formación en prevención de riscos.
Deberá aportarse un Certificado de prevención de riscos laborais de nivel básico de acordo co establecido no RD 39/1997 (mínimo 30 horas), con contidos detallados. A data de finalización do certificado debe ser anterior á data de formalización na matrícula de FOL.
-
Co título de técnico superior en prevención de Riscos Profesionais LOXSE.
-
Por ter acreditadas todas as unidades de competencia incluídas no ciclo, obtidas mediante o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais, e ademais se acredite, polo menos, un ano de experiencia laboral e formación de nivel básico en prevención de riscos laborais, de acordo co RD 39/1997.
Neste caso, a validación de IPE I /FOL só poderá facerse efectiva no ciclo no que se teñan as unidades de competencia acreditadas, pro non poderá empregarse.
IPE II (Itinerario profesional para a empregabilidade) e EIE (Empresa e iniciativa emprendedora) poderán validarse nos seguintes casos:
-
EIE superado nun ciclo LOE valida EIE/ IPE II en calquera outro ciclo LOE, con independencia do grao.
-
Por superación de AXCPE (Administración, xestión e comercialización na pequena empresa nun ciclo LOXSE.
-
Superación de títulos completos de:
CM Xestión administrativa (LOXSE ou LOE)
CS Administración e Finanzas (LOXSE ou LOE)
-
Por superación de módulos de administración, organización ou xestión de títulos específicos, recollidos no anexo II do RD 1085/2020, do 9 de decembro.
-
Superación do MP Xestión dun pequeno comercio (Técnico en Actividades Comerciais)
Como se pode validar o módulo de Inglés?
|
Inglés de títulos LOXSE |
Inglés títulos LOE |
|
Grao Medio |
|
| Lingua Estranxeira (duración de 65 horas, segundo reais decretos por los que se establecen los títulos de formación profesional y
sus ensinanzas mínimas) cando a Lingua estranxeira sexa Inglés |
0156. Inglés Profesional. |
| Lingua Estranxeira ou da C.A.
Cando a lingua estranxeira cursada e superada sexa inglés |
0156. Inglés Profesional. |
| Módulos Profesionales de Lingua Estranxeira (Inglés)
de ciclos formativos de Grao Superior |
0156. Inglés Profesional |
|
Grao Superior |
|
| Lingua Estranxeira (Inglés). | 0179. Inglés Profesional |
| Lingua Estranxeira (duración de 90 horas, segundo reais decretos por los que se establecen los títulos de formación profesional y
sus ensinanzas mínimas) cando a Lingua estranxeira sexa Inglés |
0179. Inglés Profesional |
| Lingua Estranxeira en Comercio Internacional.
Cando a lingua estranxeira cursada e superada sexa inglés. |
0179. Inglés Profesional |
|
Para todos os ciclos con Inglés |
|
|
Inglés títulos LOE |
Inglés títulos LOE |
| 0179 Inglés Profesional (GS) | 0156. Inglés Profesional (GM) |
| Certificado do Ciclo Elemental, de Inglés, da Escola Oficial de Idiomas (RD 967/1988).
Certificado de Nivel Intermedio (B1), de Inglés, da Escola Oficial de Idiomas ( RD 1629/2006). |
0156. Inglés Profesional (GM) |
| Certificado de Aptitude de Inglés da Escola Oficial de Idiomas. (RD 967/1988) | 0156 Inglés Profesional (GM)
0179 Inglés Profesional (GS) |
| Certificado de Nivel Avanzado (B2), ou superior, de Inglés da Escola Oficial de Idiomas. (RD 1629/2006) | 0156 Inglés Profesional (GM)
0179 Inglés Profesional (GS) |
| Título de Grao, ou equivalente, en Filoloxía Inglesa ou en Tradución e Interpretación (Inglés) | 0156 Inglés Profesional (GM)
0179 Inglés Profesional (GS) |
Como se pode validar o módulo de Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo?
Pode validarse co módulo de “Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo” superado en ciclos da mesma familia profesional.
Como se pode validar o módulo de Dixitalización aplicada aos sectores produtivo?
Pode validarse co módulo de “Dixitalización aplicada aos sectores produtivos” de ciclos da mesma familia profesional e do mesmo grao.
Como se pode validar o módulo optativo de Habilidades comunicativas en lingua estranxeira de grao medio?
• Ter superado o módulo de Inglés de grao medio ou de grao superior que fose impartido cunha duración de 160 horas
• Ter superado calquera dos módulos de carácter autonómico de Lingua estranxeira profesional de grao medio ou de grao superior.
• Certificacións oficiais do Marco común europeo de nivel intermedio B1 ou superior.
• Título de grao ou equivalente en Filoloxía ou en Tradución e Interpretación en calquera especialidade de lingua estranxeira.
Como se pode validar o módulo optativo de Habilidades comunicativas en lingua estranxeira de grao superior?
• Ter superado o módulo de Inglés de grao superior que fose impartido cunha duración de 160 horas
• Ter superado calquera dos módulos de carácter autonómico de Lingua estranxeira profesional de grao superior.
• Certificacións oficiais do Marco común europeo de nivel intermedio B2 ou superior.
• Título de grao ou equivalente en Filoloxía ou en Tradución e Interpretación en calquera especialidade de lingua estranxeira.
Podo validarse o módulo optativo de Afondamento nas competencias profesionais ?
Se o módulo está orientado á aprendizaxe doutra lingua estranxeira poderá validarse se a persoa acredita ter superado o módulo de carácter autonómico de Lingua estranxeira profesional II do mesmo grao ou superior.
Como podo saber os módulos específicos de cada ciclo que podería validar?
Nos documentos adxuntos podes consultar as posibles validacións dispoñibles para cada ciclo formativo ofertado polo centro, organizados en familias profesionais. Estes documentos son de carácter orientativo, polo que, se a persoa solicitante identifica unha validación non recollida neles, poderá presentar igualmente a súa solicitude. Só s e inclúen aquelas validacións a resolver polo centro educativo.
Validacións na familia profesional de Electricidade e electrónica (ELE)
Validacións na familia profesional de Madeira, moble e cortiza (MMC)
Validacións na familia profesional de Servizos socioculturais e á comunidade (SSC)
Validacións na familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos (TMV)
Validacións nos ciclos básicos
As validacións que resolve o Ministerio de Educación son individualizadas, a partir do estudo da documentación aportada por cada solicitante.
Cal é o procedemento para solicitar a validación de módulos?
Todas as solicitudes de validación presentaranse na Secretaría do Centro. Excepcionalmente, o alumnado matriculado na modalidade de distancia, poderá enviar a solicitude e a documentación ao correo do Centro (cifp.xunqueira@edu.xunta.gal).
O modelo de solicitude e a documentación necesaria varía segundo se trate dunha validación que resolve o centro educativo ou o Ministerio de Educación:
Validacións que resolve o centro educativo
-
Modelo de solicitude de validación para o centro educativo . Descarga aquí
-
Fotocopia DNI
-
Certificación académica oficial dos estudos cursados, certificado de profesionalidade ou certificado da acreditación parcial de competencias profesionais, segundo cada caso
-
Certificado do curso Prevención de Riscos Laborais (PRL), se fose o caso.
A data das certificacións aportadas (PRL, Unidades de Competencia, Certificado
profesionalidade,...) terá que ser anterior á data de formalización da matrícula no módulo a validar.
Validacións que resolve o Ministerio de Educación
-
Modelo de solicitude de validación para o Ministerio de Educación: Descarga aquí
-
Fotocopia DNI.
-
Certificado de matrícula nos módulos para os que solicita validación ( Secretaría do CIFP)
-
Certificación académica oficial na que conste a cualificación obtida nas materias ou módulos cursados e que se aportan para validar.
-
A maiores e cando se solicite validación desde estudos universitarios:
- Orixinal ou copia simple dos programas oficiais das materias cursadas, seladas polo centro universitario e redactados en castelán.
- Certificación da universidade na que conste que os programas que se aportan son os realmente cursados e superados pola persoa solicitante.
Cal é o prazo para presentar solicitudes de validación?
Cal é o prazo para presentar solicitudes de validación?
• Para a Dirección do Centro: nos primeiros 20 días desde o inicio das clases.
• Para o Ministerio de Educación: desde o día en que comeza o curso escolar ata o día que finaliza, pero terán preferencia as presentadas ata o 31 de outubro. Só se pode presentar unha solicitude por curso.
Cando e como se comunican as resolucións de validación?
- Validacións que resolve o centro: prazo máximo decembro.
- Validacións que resolve o Ministerio: o prazo é máis amplo.
Se no prazo de 6 meses non se ten notificación da resolución entenderase como desestimada por silencio administrativo.
Como se comunica a resolución?
- Validacións que resolve o Centro: o alumnado recibirá un Abalar coa notificación da resolución da validación e poderá recoller o certificado na Conserxería do CIFP.
-
Validacións que resolve o Ministerio: o/a solicitante poderá descargar a resolución da SEDE electrónica do Ministerio. O Ministerio tamén remitirá a resolución ao centro educativo, pero non poderá facela efectiva mentres o/a alumno/a non o comunique oficialmente na Secretaría do Centro.
Que ocorre mentres non se resolve unha solicitude de validación?
O alumnado debe asistir ás clases do módulo e realizar as avaliacións ata que se reciba unha resolución favorable.
Que se pode facer se unha validación é rexeitada?
Poderase presentar un recurso de alzada no prazo máximo dun mes desde a notificación.
Onde se pode consultar toda a información e normativa aplicable para validar módulos?
• Páxina da Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/fp/validacions-equivalencias
• Portal do Ministerio de Educación: www.todofp.es
