Accións formativas para persoas desempregadas (AFD)

Ademais da oferta de formación que conduce á obtención dun título de FP, o noso centro tamén dirixe a súa oferta para a obtención de certificados de profesionalidade do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, mediante accións formativas para persoas desempregadas (Cursos AFD).
Estes cursos prográmanse anualmente segundo convenio entre a Consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades e a Consellería de promoción de emprego e igualdade, e están financiados pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes. Unha vez autorizada a oferta anual publicaranse os cursos e as súas datas de realización aproximada, aínda que habitualmente comenzan en marzo.
Teñen carácter totalmente gratuíto e susceptibles de beneficiarse de axudas para desprazamento, entre outras.
Oferta curso 2026
| CERTIFICADOS PROFESIONALIDADE_CIFP A XUNQUEIRA | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| CÓDIGO | DENOMINACIÓN | NIVEL | DATA INICIO | DATA FIN | HORAS | DATA PROBA ACCESO | HORARIO CURSO |
| TMVG0209 | Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos*
*IMPORTANTE: PARA NIVEL 2 (SSCS0208) os candidatos/as deben traer,o día da proba de selección, a seguinte documentación: DNI e Titulación de acceso. De non facelo quedarán automáticamente excluídos. |
2 | 20/04/2026 | 25/09/2026 | 538 | 10/04/2026
9:30 Lugar: Cifp A Xunqueira |
6 h/día, salvo formación en empresa.
Do 20/04/26 ao 15/04/26, horario de tarde (15:00-21:00h) |
| MAMD0209 | Traballos de carpintería e moble | 1 | 20/04/26 | 14/07/26 | 378 | 10/04/2026
10:30 Lugar: Cifp A Xunqueira |
6 h/día, salvo formación en empresa.
Do 20/04/26 ao 23/06/26 horario de tarde de 15:30 a 21:30 |
REQUISITOS:
Os cursos ofertados poden ser de nivel 1, 2 ou 3, e para poder acceder a un deles é necesarios cumprir os seguintes requisitos:
a. Estar rexistrado como demandante de emprego na oficina do SEPE. Se non se cubren as prazas con persoas desempregadas, ata un 20% do alumnado pode estar traballando.
b. Acreditar que se está en posesión do requisito de acceso:
-
- Cursos de Nivel 1: Para acceder a un curso de nivel 1 non existen requisitos académicos.
- Cursos de Nivel 2: tedes que acreditar algunha das seguintes titulacións:
-
- ESO.
- Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia profesional e área profesional.
- Certificado de profesionalidade nivel 2.
- Cumplir el requisito académico de acceso a los ciclos formativos de grado medio: (alumnado con título de técnico auxiliar/alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP/alumnado con título de bacharelato superior/alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental)
- Ter aprobada a proba de acceso a Ciclos Formativos de Grado Medio.
- Ter superada a proba de acceso á Universidade para maiores de 25/45 anos.
- Ter as competencias clave necesarias (lengua castellana, galego, matemáticas.Ademais para aquelas persoas que inclúan un módulo de lingua extranxeira requerirase a competencia clave na lingua extranxeira correspondente no nivel requirido)
-
- Cursos de Nivel 3: Para acceder a un curso de nivel 3 debe acreditarse unha destas tres situacións:
-
- Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente
- Estar en posesión do certificado de competencias clave de nivel 3, ou ben
- Ter realizado con anterioridade un curso de nivel 2 da mesma familia e sector profesional
-
https://cifpaxunqueira.eu/wp-admin/media-upload.php?post_id=8989&type=image&TB_iframe=1&width=640&height=412
*IMPORTANTE: PARA NIVEL 2 (SSCS0208) os candidatos/as deben traer, o día da proba de selección, a seguinte documentación: DNI e Titulación de acceso. De non facelo quedarán automáticamente excluídos.