skip to Main Content

Alumnado de TMV (auto) visita o “Museo de Historia de la Automoción de Salamanca MHAS” e as “SpainSkills”

  • Novas

Alumnado de TMV (auto) visita o Museo de Historia de la Automoción de Salamanca MHAS e as SpainSkills.

SpainSkills 2026

Alumno do CIFP A Xunqueira participa en SpainSkills 2026

O alumno Hugo Couñago, formado no CIFP A Xunqueira, participa estes días, xunto co seu profesor Marcos Blanco, no campionato SpainSkills 2026, que se celebra do 24 ao 28 de febreiro no recinto feiral de IFEMA.

As SpainSkills, organizadas polo Ministerio de Educación y Formación Profesional, son un certame estatal no que o alumnado de Formación Profesional compite en diferentes especialidades para demostrar as súas destrezas técnicas e profesionais. Esta competición celébrase cada dous anos e reúne aos gañadores das distintas fases autonómicas.

Hugo Couñago acadou o primeiro posto na fase galega na modalidade de Pintura do Automóbil, o que lle permitiu clasificarse para esta fase nacional. En caso de resultar vencedor en SpainSkills 2026, terá a oportunidade de representar a España no campionato mundial WorldSkills, que se celebrará en Shanghái.

Desde o CIFP A Xunqueira queremos felicitar a Hugo e ao seu titor polo excelente traballo realizado e desexarlles moita sorte nesta importante competición.

 

Instagram

 

Facebook

 

 

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.