Alumno do CIFP A Xunqueira gaña unha medalla de ouro en GaliciaSkills 2025
O alumno Hugo Couñago Cabaleiro, do ciclo medio de Carrocería, acadou a medalla de ouro na modalidade de Pintura de Vehículos no campionato galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2025, celebrado no recinto ferial de Silleda.
Este logro é o resultado do seu traballo, esforzo e compromiso, así como do apoio do equipo docente do noso centro. Grazas a esta vitoria, Hugo representará a Galicia no SpainSkills 2026, o campionato estatal da Formación Profesional.
Parabéns a Hugo e a todos os participantes no Campionato Galego de Formación Profesional, GaliciaSkills 2025.
