skip to Main Content

Atención á Diversidade

addfad

 

Deberás asistir a unha reunión individual, presencial pu telemática, co Departamento de Información e Orientación Profesional do centro que elixiches como primeira opción.

 

- Certificado do grao de discapacidade

- Ditame técnico facultativo

- Calquera outra documentación relevante

Serve para informar sobre o ciclo solicitado e analizar as posibles dificultades que a discapacidade poida xerar na adquisición das competencias e resultados de aprendizaxe.

O informe de orientación é orientativo e non vinculante. A persoa solicitante poderá continuar coa súa solicitude do ciclo formativo aínda que o informe sexa desfavorable para ese ciclo.

Si. Se é necesario, poderás modificar a túa solicitude tendo en conta a orientación recibida e a nova proposta de escolarización.

Os centros educativos contan con distintos protocolos e medidas para garantir unha atención axeitada á diversidade do alumnado co obxectivo de favorecer a igualdade de oportunidades e o acceso á formación.

 Existen dúas grandes categorías de medidas de atención á diversidade: ordinarias e extraordinarias.
Medidas ordinarias:

-Metodolóxicas: adaptación das programacións, de materiais,  aprendizaxe cooperativa, proxectos, traballo por tarefas, metodoloxías activas.

-Organizativas: adaptación de horarios, espazos ou aulas.

-Avaliación: axustes de tempos, adaptación de probas, flexibilización de instrumentos de avaliación.

-Apoio educativo: reforzos, desdobres, apoio dentro da aula, uso de tecnoloxías de apoio.

-Acceso ao currículo: materiais adaptados, comunicación aumentativa e alternativa, eliminación de barreiras físicas ou de información.

Medidas extraordinarias

Flexibilización modular : permite cursar un ciclo ordinario por módulos , seguindo unha temporalización diferente á ordinaria. Require autorización.

O sistema educativo dispón de protocolos e medidas específicas destinados a dar resposta ás necesidades específicas do alumnado.

     

          

 

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.