Atención a persoas en situación de dependencia (ordinario, modular presencial e modular distancia)
Que se aprende a facer?
Atender as persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional, co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.
En que ámbitos se traballa?
No sector de servizos ás persoas, de carácter asistencial, psicosocial e de apoio á xestión doméstica.
Que ocupacións se desempeñan?
Coidador/ora de persoas en situación de dependencia en institucións e/ou domicilios, coidador/ora en centros de atención psiquiátrica, xerocultor/ora, gobernante/a esubgobernante/a de persoas en situación de dependencia en Institucións, auxiliar responsable de planta de residencias de maiores e persoas con discapacidade, auxiliar de axuda a domicilio, asistente de atención domiciliaria, traballador/ora familiar, auxiliar de educación especial, asistente persoal, teleoperador/ora de teleasistencia.
