skip to Main Content

 

A biblioteca CIFP A Xunqueira é un espazo de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe de toda a comunidade educativa. Forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia dende o curso 2023-2024.

Dispoñemos dunha colección con fondos en diferentes soportes relativos a contidos curriculares, obras xerais de referencia, ficción… A meirande parte están na biblioteca, aínda que tamén os hai noutras zonas, como nos departamentos das familias profesionais.

 

Horario:

De luns a venres durante o horario de apertura do centro, con atención directa en determinadas franxas horarias.

Servizos:
  • Préstamo.
  • Lectura e consulta en sala.
  • Ordenadores con acceso á Rede para facer buscas documentais e/ou traballos.
  • Espazo de traballo: postos para o traballo individual ou en grupo.
  • Formación no uso da biblioteca.
  • Accións para o fomento da lectura, culturais e para a alfabetización informacional.
  • Solicitude de novas adquisicións.
  • Wifi.
Normas xerais de funcionamento:
  • A biblioteca, ademais, dun espazo para a lectura, préstamo e estudo é un lugar para poder crear, compartir, investigar, xogar, traballar en grupo…
  • ​Para fomentar convivencia e a non interferencia entre actividades de distinto tipo, debemos observar e valorar se é o momento apropiado para o uso que queremos facer da biblioteca nun momento dado.
  • Queremos facer da biblioteca un espazo seguro, polo que valores como o respecto, a tolerancia, a igualdade, o coidado das persoas e os materiais… son fundamentais.
  • O respecto polo medio natural é outro piar, polo que é importante valorar a necesidade ou non de acendido das luces, facer un uso eficiente da impresora, apagar os ordenadores cando non se están a usar…
  • A biblioteca pode ser reservada para desenvolver actividades de aprendizaxe (traballo por proxectos, obradoiros…), dinamización cultural… Para iso hai que contactar previamente, con suficiente antelación, coa coordinadora.
  • As actividades que se desenvolven na biblioteca son anunciadas a través dun calendario á entrada da mesma.
Redes sociais:
Correo electrónico:
Recursos de interese:

 

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.