skip to Main Content

Bolsa de emprego

O CIFP A Xunqueira conta cunha bolsa de emprego a través da Asociación FPEmpresa.

O Departamento de Información e Orientación Profesional (DIOP) xestiona as ofertas de emprego das empresas cargándoas no portal EmpleaFP, ademais de publicalas na conta de Instagram do Centro (axunqueira): #empregoaxunqueira

Alumnado

Se es titulado/a e queres solicitar emprego debes inscribirte na Bolsa de emprego de FP Empresa (EmpleaFP)

Consulta no seguinte vídeo explicativo que é EmpleaFp, cual é o seu obxectivo e como funciona a plataforma.

Terás que dar os teus datos, un correo electrónico e xerar unha contrasinal (8 caracteres, maiúsculas, minúsculas e caracteres especiais).

A continuación validarás a conta creada no teu correo e xa poderás acceder.

Unha vez inscrito, terás que cubrir os apartados correspondentes a un sinxelo curriculum vitae (datos persoais, datos académicos, experiencia profesional, …)

A Xefa do DIOP validará a titulación obtida no Centro para que a túa demanda sexa tida en conta.

Consulta todas as ofertas publicadas nas nosas redes sociais:

 

Empresas

Se es empresa e queres ofertar un posto de traballo relacionado coas ensinanzas ofertadas no noso Centro, podes facelo directamente, rexistrándote na Bolsa de emprego de FP Empresa, ou ben, podes contactar co Departamento de Información e Orientación Profesional (DIOP) para que cargue a oferta nesta plataforma e a divulgue nas redes do Centro.

Contacto DIOP:

886159860 (preguntar pola Xefa do DIOP)

orientacion.cifp.xunqueira@edu.xunta.gal

 

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.