Calendario matrícula 25-26. Alumnado do centro
Este é o calendario de matrícula para o curso 2025-2026 dirixido ao alumnado do Centro que se atope nalgunha das seguintes situacións:
-
Alumnado de oferta ordinaria que promociona a 2º curso.
-
Alumnado de oferta ordinaria repetidor de calquera curso.
-
Alumnado de ciclos básicos, medios e superiores que vaia cursar a Formación en Centros de Traballo (FCT).

O alumnado de oferta modular, presencial e distancia, deberá presentar a solicitude de admisión a ciclos a través da aplicación informática dispoñible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/fp/, e no prazo establecido (ata o 02 de xullo, ás 13.00 Horas).