skip to Main Content

Cinco alumnos do CIFP A Xunqueira representan ao centro no campionato galego de Formación Profesional, GaliciaSkills 2025

  • Novas

 

Cinco estudantes do CIFP A Xunqueira participan na nova edición do campionato galego de Formación Profesional, GaliciaSkills 2025, que se celebra no recinto ferial de Silleda entre o martes 28 e o xoves 30 de outubro. Este evento reúne ao mellor alumnado de FP de toda Galicia para demostrar o seu talento, destreza e coñecementos en diferentes especialidades profesionais.

Os representantes do centro competen en cinco modalidades:

Ebanistería, con Jorge Padín Alonso, estudante do ciclo de Carpintería e Moble.

Carpintaría, con Manuel Rivero González, do mesmo ciclo.

Pintura de vehículos, con Hugo Couñago Cabaleiro, alumno do ciclo de Carrocería.

Tecnoloxía do automóbil, con David Cores Castro, estudante do ciclo de Electromecánica.

Tecnoloxía de vehículos pesados, con Damián Barros Ayude, tamén do ciclo de Electromecánica.

Profesorado do CIFP A Xunqueira acompañou aos participantes na súa preparación durante os últimos meses, con adestramentos específicos e simulacións das probas do campionato.

As persoas gañadoras das distintas categorías obterán o pase ao campionato estatal SpainSkills 2026, no que representarán a Galicia a nivel nacional.

 

 

                                                     

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.