skip to Main Content

Comisión de seguridade e saúde

A Comisión de Seguridade e saúde laboral, está dirixida e coordinada pola xefatura da área de Administración e xestión, coa finalidade de establecer a aplicación da normativa de prevención de riscos laborais.

Esta comisión está composta polo xefe ou a xefa da área de Administración e xestión, os xefes ou as xefas dos departamentos do centro e a persoa que designe o xefe ou xefa da área de Administración e xestión de entre o persoal non docente con destino definitivo no centro.

Esta comisión será a encargada de:

  1. Elaborar o plan de autoprotección do centro integrado, coordinar a súa implantación e supervisar o seu cumprimento, de acordo coa lexislación vixente.
  2. Planificar e levar a cabo os simulacros de evacuación ou calquera outra actividade relacionada coa prevención de riscos, así como elaborar os correspondentes informes de resultados.
  3. Favorecer a información á poboación afectada sobre os riscos a que está sometida e o modo adecuado de actuación, así como fomentar a cultura de prevención na comunidade do centro.
  4. Formular propostas de adquisición de equipamentos e materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades de seguridade e saúde laboral.

 

Plan de Autoprotección

Dentro do Plan de autoprotección do Centro é obrigatorio facer un simulacro de evacuación dentro do primeiro trimestre do curso académico.

Neste vídeo podes consultar de xeito resumido as pautas de evacuación que deben observarse.

Tamén podes consultar no enlace instrucións sobre o uso adecuado dos extintores.

Agradecemos a Jesús Valencia que en colaboración co CIFP Someso elaborou este vídeo explicativo.

Podes consultar nos arquivos adxuntos as instruccións específicas por roles (alumnado, profesorado, PAS, etc)

(Próximamente actualizaremos o Plan a nova versión 23_24).

Consulta máis información nos arquivos adxuntos:

 

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.