Instalación e amoblamento (modular presencial)
Que se aprende a facer?
Deseñar mobles e elementos de carpintaría, xestionar a súa produción e a súa instalación, e participar no mantemento dos sistemas de calidade, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
No sector da produción e a instalación de carpintaría e moble, en pequenas, medianas egrandes empresas, por conta allea ou por conta propia, desenvolvendo funcións de deseño técnico, supervisión da produción, fabricación automatizada, execución de proxectos de amoblamento e montaxe de instalacións.
Que ocupacións se desempeñan?
Debuxante proxectista de mobles, técnico/a en desenvolvemento de produtos de carpintaría e mobles, proxectista de carpintaría e moble, xerente de empresas de madeira,moble e outras manufacturas, técnico/a de control de calidade en industrias de madeira e cortiza, encargado/a de oficina técnica, xefe/a de fabricación, controlador/ora de produción,xefe/a de sección, xefe/a de equipo.
