No curso 26-27 vaise a implementar un novo protocolo para dinamizar e fomentar a participación do alumnado nas ensinanzas semipresenciais e a distancia, en aras de conseguir un mellor aproveitamento, no que se distinguen dous tipos de sesións: presenciais e telemáticas.
2. Sesións telemáticas
Fóra das sesións presenciais, o profesorado responderá as dúbidas que reciba no resto do horario asignado para estas funcións, polo que non pode garantirse unha resolución inmediata. En calquera caso, deberán quedar resoltas dentro da semana inmediatamente posterior a súa formulación, salvo casos xustificados que o imposibiliten (xornadas non lectivas, baixas non cubertas nese período, etc). As dúbidas máis recurrentes serán abordadas tamén nas sesións síncronas.
Net-etiqueta
É fundamental seguir unhas normas de comportamento na comunicación nos foros que serán de obrigado cumprimento.
Exámes e Calendario de avaliacións
Os exámenes realizaranse ao longo de dúas semanas consecutivas. Non se pode garantir que non coincidan varios exames nun mesmo día, xa que non todo o alumnado está matriculado nos mesmos módulos. Os períodos de exames poden consultarse no calendario de avaliacións.
DÚBIDAS FRECUENTES
Podes consultar no enlace as solucións as dúbidas mais frecuentes relacionadas coa ensinanza a distancia.
Acceso á plataforma de FP Distancia
Presentación da modalidade a distancia
O xoves 10 de setembro ás 18 horas no salón de actos levaremos a cabo a presentación dos ciclos da modalidade Modular a Distancia.
Trataremos as seguintes cuestións:
Benvida e presentación da modalidade
Instrucións iniciais para o alumnado
Rogos e preguntas
Despedida
O alumnado que non poda acudir ao centro pode conectarse á reunión WEBEX (datos de conexión a continuación)
| Más formas de unirse: |
| Unirse desde el enlace de la reunión |
| https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m223493da5f3d36df8c6c189acfec68b8 |
| Unirse mediante el número de la reunión |
| Número de reunión (código de acceso): 2781 279 5236 |
| Contraseña de la reunión: REUNIONDISTANCIA |