skip to Main Content

Dual Intensiva

Os sombreados en azul corresponden as datas de incorporación ás empresas no curso académico 25-26.

Os non sombreados corresponden as datas de incorportación para o curso 26-27.

 

 

 

 

 

 

 

 

Preguntas frecuentes Dual Intensiva: 

Toda a información do proceso de admisión a FP dual intensiva estará dispoñible no enderezo web www.edu.xunta.gal/ fp.

Para a consulta da situación individual pódese usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 e certi¥icado dixital.

Nas datas establecidas, poderase consultar a situación individual das resolucións provisionais e definitivas de persoas solicitantes, así como a relación de persoas admitidas e en espera, no enderezo web www.edu.xunta.gal/ ciclosadmisión

No caso das solicitudes para o acceso a ciclos formativos nas que se aleguen titulacións obtidas fóra do Estado español é moi importante que os datos persoais e académicos da credencial de homologación ou da declaración responsable para inscrición condicionada se correspondan cos da solicitude de admisión.

No espazo habilitado na aplicación (despois de marcar a entrega da solicitude e acceder á fiestra de validación) para cargar especificamente a documentación de estudos estranxeiros deberase achegar:

  • No caso de dispor de homologación do título estranxeiro:
    • Documento o¥icial de identidade (DOI).
    • Homologación do título.
  • No caso de non dispor da homologación do título estranxeiro:

– Documento oficial de identidade.

– Solicitude de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias (anexo I da Orde reguladora do procedemento de homologación) co selo de rexistro de entrada.

– Declaración responsable para inscrición condicionada en centro docente e/ou exame oficial (anexo III da Orde reguladora do procedemento de homologación) co selo de rexistro de entrada.

– Resgardo de pagamento da taxa de solicitude de homologación (excepto para o título de graduado en ESO).

Nos casos nos que a identidade coa que se obtivo a credencial de homologación ou a declaración responsable para inscrición condicionada sexan diferentes aos do DOI que se entrega coa solicitude de admisión, será necesario achegar certi¥icado do Rexistro Civil ou da Policía onde se acredite que se trata da mesma persoa.

As persoas procedentes de países non comunitarios para poder participar en proxectos de FP dual intensiva deben contar con permiso de residencia e permiso de traballo no momento de incorporarse á empresa ou ben contar con permiso por estudos vixentes no momento da súa incorporación á empresa.

Sí, sempre e cando esteas en posesión do permiso de residencia e traballo en vigor durante toda a duración da formación na empresa.

As persoas procedentes de países non comunitarios para poder participar en proxectos de FP dual intensiva deben contar con permiso de residencia e permiso de traballo no momento de incorporarse á empresa ou ben contar con permiso por estudos vixentes no momento da súa incorporación á empresa.

No Content

 

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.