Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CIFP A Xunqueira. skip to Main Content

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CIFP A Xunqueira ten como papel fundamental ao longo do curso potenciar o uso da lingua galega a través de variadas actuacións, procurando sempre a participación de toda a comunidade educativa.

 

No equipo están representados os distintos colectivos do centro; neste curso 26-27 contamos cunha profesora de IPE, unha persoa de limpeza, a coordinadora da biblioteca, catro profesores (de MMC, ELE, SSC e TMV), unha alumna do CM ATEPERD e Irene Sánchez na coordinación.

 Podes contactar co EDLG a través do enderezo electrónico:

                                                                                                                                                           edlg.cifp.xunqueira@edu.xunta.gal

Curso 2026/2027:

CONCURSO PROXECTA O GALEGO 26-27!
Se tes que elaborar un proxecto de fin de curso en calquera dos tres trimestres e o fas en galego, preséntate a este concurso. Terás obsequios só por participar, á parte de optar ao gran Premio LINGUA DE OURO se resulta gañador.
Consulta as bases aquí abaixo ou en conserxería.

 

Bases e formularios

OBRADOIRO DE REGUEIFA PARA O PROFESORADO.
Venres 23 de outubro, de 16:30 a 20:30h no Pazo da Cultura.
Inscrición ata o 20 de outubro. Con Lupe Blanco, Josinho da Teixeira, Manolo Maseda e Séchu Sende.

 

Información

CONVOCATORIA DO CONCURSO-EXPOSICIÓN SOBRE XOSÉ NEIRA VILAS.
Podemos optar a un premio de 2000€ para o CIFP. O profesorado participante terá unha certificación de 20h de formación permanente (30h a persoa coordinadora).
Prazo de presentación: ata o 22/01/27.

 

 

Información

CERTAME DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ.

Saíron as novas bases do certame escolar de podcast en lingua galega.

Hai que enviar solicitude antes do 13 de febreiro de 2027, DÍA
MUNDIAL DA RADIO, e o podcast antes do 1 de maio de 2027.

Consultade as bases deste curso abaixo.

Bases do concurso 26-27.

Curso 2025/2026:

  • Título: Camiñada Castelao
  • Inscríbete en Conserxería antes do 12 de maio.

Enviarase un Abalar explicando en que consiste, pero no cartel xa vai información completa.

 

Proxecta o galego!

Presenta o teu proxecto fin de ciclo en galego e obtén suculentas recompensas.

Tedes as bases máis abaixo.

 

 

Bases do Proxecto

CONVOCATORIA CURSOS CELGA GRATUÍTOS 2026

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para os certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

– gratuítos

– 70 horas lectivas, modalidades presencial e telemática

– do 30 de marzo ao 21 de maio

– en Pontevedra: Celga3 e Celga2. En Vigo: Celga2 e Celga4

– matrícula en: https://formacion-lingua.xunta.gal/

– o prazo de solicitude remata o 5 de marzo

 

 

Máis información 

Estudo sociolingüístico

 

Estudo sociolingüístico 25_26

I CONCURSO DE MURGAS EN GALEGO

Bases do concurso

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CIFP A Xunqueira convoca o concurso de memes (imaxes e textos con finalidade humorística), co obxectivo de fomentar o uso do galego utilizando o humor e as novas tecnoloxías.

Bases_memes25_26

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.