Información das prácticas en empresa skip to Main Content

DATOS a enviar á Xefatura de Relación con Empresas: 

As titorías deben enviar, cun mínimo de 15 días á incorporación ás empresas, os seguintes datos:

  1. Nome do alumnado
  2. Empresa (Razón Social)*
  3. Responsable da empresa (Gerente, Administrador: nome e apelidos, NIF, correo electrónico
  4. Titoría da empresa: nome e apelidos
  5. Etiquetas de PROENS asociadas a cada empresa/ciclo.

Sen esta información NON é posible a elaboración de Convenios.

*Se se trata dunha nova empresa (non está na base de datos da Consellería) é necesario que a empresa cubra e asine o modelo do enlace “datos nova empresa”

XESTIÓN CONVENIOS Formación en Empresa:

Localización: Os Convenios asinados polo Centro (Convenios firmados)  están colgados na NAS do Centro, en carpetas compartidas coa titoría de cada curso (ubicada en “compartido conmigo”).

Entrega: É importante planificar a entrega desta documentación ás empresas (Convenios asinados co alumnado asignado) coa debida antelación á incorporación do alumnado ás empresas, e é importante que a entrega a realice a titoría, non o alumnado.

Retorno: Unha vez asinados polas empresas é necesario volver a subirlos á Nas na carpeta correspondente (Convenios completados) para rexistrar correctamente toda a documentación.

CERTIFICADOS PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS (PRL):

Procedemento para obter/entregar os Certificados PRL* en XADE (só titorías):

  1. Para cada alumno/a, ir ao  apartado “Avaliación”, no apartado “Outras circunstancias” marcar “Certificable” de ser o caso ( e gardar).
  2. Ir ao apartado “Informes”, “Informes predefinidos” e seleccionar, no desplegable, o AL943 para os Ciclos de Madeira e o AL944 no resto dos Ciclos (independentemente do grao)
  3. Buscar por Grupo e indicar no desplegable: Ensinanza, Curso  e Grupo.
  4. Seleccionar a casilla de “Seleccionar todos” e, posteriormente,  “Obter informe”
  5. Imprimir (por duplicado) os Certificados obtidos e pasalos á Dirección para a súa asinatura.
  6. Unha vez asinados (dúas copias), deben entregarse, previa á incorporación ás empresas, unha ao alumno/a e outra á empresa.

*Previamente á emisión do Certificado, hai que comprobar se o alumno/a cumpre os requisitos para a obtención do mesmo. Para isto, na reunión do equipo docente final dos 1º cursos, comprobarase para cada alumno/a se cumpre os requisitos indicados para o ciclo correspondente según o seguinte cadro.

PROTOCOLO COMUNICACIÓN ACCIDENTES durante a período de formación en empresa:

As titorías do Centro deberán asegurarse de que as empresas coñecen o protocolo de actuación en caso de accidente que resume a seguinte infografía:

 

Para isto entregarán esta información por tres vías:  ao alumnado, as titorías de empresa e aos responsable da empresa.

Tamén indicarán o Centro asistencial que lles corresponde en cada caso según a ubicación da empresa (ver protocolo)

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.