O CIFP A Xunqueira presentou catro proxectos realizados polo seu alumnado dos 1º Ciclos Básicos ao longo deste curso. Os proxectos foron elaborados dentro do programa PROCACTI implementado polo propio Centro este curso.
O programa aposta polo potencial do seu alumnado e recoñece o compromiso e esforzo dos equipos docentes, apostando polo traballo por proxectos na aula como principal medida para aumentar a motivación na aula. Os catro fantásticos proxectos foron os seguintes. “A Casa da Luz”, réplica a escala da coñecida como Casa Verde de Pontecaldelas, en colaboración co CEIP Plurilingüe de A Reigosa (1º CB Carpintería e moble). “Lacatraca”, reparación dun velero deportivo realizada por 1º CB Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo. “X-Gamer”, construcción desde cero dun ordenador gamer polo alumnado do 1º CB Informática e “TrivQueira”, trivial electrónico elaborado por 1º CB Electricidade e Electrónica.
Na xornada de presentación dos proxectos contamos co respaldo da asistencia da Directora Xeral de FP, da Subdirectora, Inspección e Directores de varios centros. Ademais da presenza de familiares do alumnado.

Vídeos
Nova de Diario de Pontevedra:

Proxectos de innovación
EcoWood Charge: Armario de carga intelixente en madeira
O proxecto EcoWood Chargue propón a creación dun armario de carga e almacenamento feito en madeira e dotado dunha tecnoloxía intelixente que permita o control visual do estado da carga e da situación de cada dispositivo
SIAX (Sistema de Intelixencia Audiovisual Xunqueira)
SIAX é unha solución de recoñecemento de obxectos enfocada á preparación de receitas de cociña. Neste proxecto, coordinado polo departamento de electrónica do CIFP A Xunqueira, tamén participan o CIFP Carlos Oroza, Pepe Solla e a CRTVG
Ecoglow Area
O proxecto Ecoglow Area pretende deseñar pistas sostibles ecolóxicamente (“impresas” con material reciclado) e a iluminación das liñas con tecnoloxía led, para o cal se integra un dispositivo de reciclaxe de botellas de plástico que nos daría tempo de iluminación en función da cantidade aportada. Este proxecto realízase en colaboración co IES Montecelo.
“Natureza e Innovación: Taboleiros con Alma Sostible”
A finalidade deste proxecto de innovación é desenrolar e fabricar un eco-taboleiro cos subprodutos das castañas que se procesan na nosa comunidade. Con este taboleiro fabricado ca pel externa das castañas, o alumnado dos diferentes ciclos da familia profesional de madeira, moble e cortiza, deseñarían e fabricarían diferentes elementos e accesorios de carpintaría e decoración, como poden ser: mobles auxiliares, separadores de ambientes, pequenos accesorios decorativos ou embalaxes de calidade visual e técnica.
Na fabricación deste taboleiro e dos traballos mencionados, o alumnado traballará dende, os diferentes temas ambientais e de sustentabilidade así como a cooperación entre centros e industria privada.
Durante a execución do proxecto e realizando os alumnos as diferentes fases de deseño e fabricación dos produtos, alentaríamos unha futura iniciativa de emprendemento e auto inserción laboral. Neste proxecto contaríamos coa colaboración do IES Antón Losada Diéguez e das das empresas privadas: Cuevas y Cia e Birdmind (IDI Ecosistemas).




























































