INNOVATECHFP
Máis de 1000 estudantes participan na III edición do programa InnovaTech FP que se presentou hoxe no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional. Para logralo, o alumnado de Formación Profesional enfrontarase á resolución de 20 retos tecnolóxicos expostos por empresas, cuxas solucións deberán xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural.
O CIFP A Xunqueira participa no programa a través de 5 grupos de alumnos que presentarán as súas propostas para resolver os retos propostos polas empresas Gestán e Fundación San Rosendo.
Entre o alumnado participante atópanse Luisa Vivancos e Carlos Rodríguez, gañadores dun dos retos da II edición e Premio Especial a mellor solución, os cales participaron durante a presentación desta III edición nunha mesa redonda sobre “Exitos no programa InnovatechFP”.
Moita sorte a todos os participantes!!








