skip to Main Content

Erasmus+

Experiencia alumna no seu Erasmus en Italia.

Información para o alumnado

Informamos de que está prevista a publicación da convocatoria da Consellería para o alumnado a finais deste mes. Publicarase máis información nesta páxina tan pronto como se dispoña de novidades.

 

Actualmente non existe ningunha convocatoria aberta para o alumnado. Non obstante, as persoas interesadas en participar en futuras mobilidades poden poñerse en contacto coa Coordinación de Programas Internacionais para seren incluídas na base de datos de posibles solicitantes. Deste xeito, poderán recibir información e indicacións en canto se publique a correspondente convocatoria por parte da Consellería ou da Deputación de Pontevedra.

 

 

Para solicitar mais información escribe a: programas.internacionais.cifp.xunqueira@edu.xunta.gal

 

 

Actualmente o CIFP A Xunqueira participa en dous consorcios dentro do programa Erasmus+ xa que pódense facer mobilidades a través da Consellería de Educación ou coa Deputación de Pontevedra.

Deixámoste unha información básica sobre o programa ERASMUS+:

 

Todo o alumnado do centro ten a posibilidade de solicitar a mobilidade, ben realizando o período de Formación na Empresa (antes FCT, agora FE), ou ben, como recén titulado.

Está aberto ao alumnado de Ciclos Superiores e Ciclos Medios en todas as modalidades, ademáis de  FP de grao Básico e cursos AFD (Certificados de Profesionalidade).

No primeiro trimestre de cada curso, farase unha reunión co alumnado interesado para informarlle do funcinamento do programa Erasmus+.

No primeiro trimestre de cada curso, farase unha reunión co alumnado interesado para informarlle do funcinamento do programa Erasmus+.

Nos períodos de Formación en Empresa (FCT no plan vello) e, no caso de alumnado recién titulado, dentro do ano inmediatamente posterior a obtención da titulación.

Pódese realizar a mobilidade a calquera país da UE e/ou a outros países que determine cada convocatoria.

O noso CIFP xa ten establecidos contactos nalgúns Centros/empresas de determinados países, o que podería facilitar a xestión.

Ademáis existe a opción de que o alumnado interesado contacte directamente co algunha empresa de seu interese e nolo propoña.

O Centro informará das prazas dispoñibles por países e Ciclos, asignando, prioritariamente, a aqueles países/empresas colaboradores do  Centro. Por isto, a pesar de que se tentará que viaxedes ao destino solicitado, tampouco está garantido porque vai depender das empresas e aloxamentos dispoñibles nesa zona e de outros factores.

Con carácter xeral, a cuantía da beca é superior para as mobilidades de alumnado de Ciclos Medios e Básicos que para os de Ciclos Superiores.

Para facernos unha idea, de forma xeral, a beca para os ciclos medios ascende aos 1000euros/mes e para os superiores 300euros/mes, aínda que a cuantía final dependerá do número de días e país de destino.

Nota:

As cantidades citadas son cifras orientativas que poden variar en función do propio programa Erasmus+.

O alumnado ten que facer fronte aos seguintes gastos:

  • Desprazamento ao país de destino (ida e volta)
  • Desprazamento do aeroporto ao lugar de aloxamento (ida e volta)
  • Aloxamento e manutención (incluídas fianzas do aluguer)
  • Desprazamentos dentro do propio país de destino para acudir do aloxamento á empresa, actividades de lecer, etc.
  • Seguro de viaxe.
  • Calquera gasto derivado das xestións documentais que sexan precisas no país de destino (taxas, certificados, etc…)
  • No caso de mobilidades a Italia, normalmente haberá que engadir os gastos dunha empresa intermediaria que xestiona a búsqueda de empresa, aloxamento, asesoramento no país, etc.

Para facer fronte a estes gastos, e dado que o importe da beca non se abona ata unha vez iniciada a mobilidade, é necesario contar con facer un desembolso inicial. Con carácter xeral,  a cantidade inicial a adiantar podería superar os 1.000€ (cifra aproximada)

O 80% do importe total desta cuantía abónase no inicio da mobilidade, pero non está garantizado que sexa antes do inicio da mobilidade, aínda que normalmente sóese recibir dito importe no primeiro mes da realización da mobilidade.

O 20% restante recibirase unha vez finalizado o período de estancia no estranxeiro, logo de entregar no centro educativo os seguintes documentos:

  • Certificado da empresa de ter finalizado o período formativo
  • Realizar unha enquisa online a recibir no mail aportado no momento da solicitude da mobilidade.

Estas becas son compatibles coas becas otorgadas polo MEC.

É requisito imprescindible contar cun seguro de viaxe que cubra os seguintes casos obrigatoriamente, entre outros:

  • Seguro de accidentes no estranxeiro
  • Responsabilidade civil
  • Repatriación en caso de deceso
  • Pérdida de equipaxe

Recoméndase obter o Carné Xove.

É obrigatorio obter a Tarxeta Sanitaria Europea en vigor.

A información facilitarase a través de Abalar e en reunións presenciais no Centro. É importante ter en conta que a mensaxería de Abalar dos maiores de idade non chega ás familias, polo que é necesario que este alumnado traslade esta información, no seu caso.

Os menores de idade poden solicitar estas mobilidades pero as titorías legais teñen que tramitar na Policía Nacional unha autorización para o período de estancia no país de destino.

En calquera caso, van a estar titorizados dende o Centro educativo polo seu titor/a.

Impartiranse charlas informativas ás familias do alumnado menor de idade.

É recomendable que o alumnado menor de idade esté acompañado polo menos por un compañeiro/a maior de idade de cara a facilitar contratos de alugueiro e outras xestións, dependendo do país de destino.

O alumnado ten que ter a documentación identificativa en vigor (DNI, pasaporte, Tarxeta Sanitaria Europea….)

Para países da Unión Europea basta o DNI.

O alumnado estranxeiro precisará o pasaporte e NIE.

  • Ter todos módulos superados, é decir, promocionar á FCT (plan vello )ou FE (Formación en Empresa)
  • O centro a través dunha Comisión de Valoración, seleccionará ao alumnado segundo a puntuación conseguida no baremo publicada en cada convocatoria. Con carácter xeral, terase en conta o expediente académico, a acreditación linguística (de ser o caso) e a valoración do equipo docente, entre outras. (A puntuacion deste baremo pode consultarse na folla de solicitude).
  • Unha vez se teña claro a decisión de participar no programa débese entregar esta solicitude a través do correo: programas.internacionais.cifp.xunqueira@edu.xunta.gal.

Consulta este link para os prazos da convocatoria que che interesa!

Mobilidades Erasmus+
Xunta de Galicia
ALUMNADO Publicación web ALUMNADO Publicación web
FP BÁSICA / CICLOS MEDIOS CICLOS SUPERIORES
Convocatoria 12/10/2025
Resolución Erasmus+ Alumnado CS
02/11/2026
Presentación de solicitudes Ata ás 14:00 do 24/01/2026 Ata ás 14:00 do 23/02/2026
Documentación a aportar –
Anexo II Solicitude

–
Anexo V datos persoais

–
Anexo VI Viaxe ecolóxica
Acta provisional
Acta provisional de selección CS
23/02/2026
Reclamacións Ata ás 13:00 do 09/01/2026 19/12/2025 Ata ás 14:00 do 26/02/2026
Acta definitiva 14/01/2026
Acta DEFINITIVA de selección CS
04/03/2026
Modificación por renuncias
Data límite envío Consellería Ata o 25/02/2026 Ata o 02/03/2026
Contacto:

programas.internacionais.cifp.xunqueira@edu.xunta.gal
Mobilidades Erasmus+
Deputación de Pontevedra
ALUMNADO/FP BÁSICA / CICLOS MEDIOS SÓ RECIÉN TITULADOS
Fecha de publicación en la web
Convocatoria 27/03/2026
Presentación de solicitudes

Anexo I – Listado de alumnado seleccionado e suplente proposto para participar no proxecto Erasmus+ 2025 e

valoración acadada por cada persoa

27/03/2026
Documentación a aportar
(por rexistro en Secretaría)
Acta provisional de alumnado seleccionado e excluido Acta provisional de selección de alumnos 17/04/2026
Acta definitiva de alumnado seleccionado e excluido Anexo I – Listado de alumnado admitido para participar no proxecto Erasmus+ 2025 27/03/2026
Reclamacións á acta provisional
Listado provisional de alumnado seleccionado e excluido

Anexo I – Listado de alumnado seleccionado e suplente proposto para participar no proxecto Erasmus+ 2025 e valoración acadada por cada persoa

17/04/2026
Listado definitivo de alumnado seleccionado e excluido

Anexo I – Listado de alumnado seleccionado e suplente para participar no proxecto Erasmus+ 2025

28/04/2026
Data límite de envío de información
á Deputación de Pontevedra

Información para o persoal escolar

Segundo a información facilitada pola Consellería, non haberá novas convocatorias ata o ano 2027.

Actualmente non existe ningunha convocatoria aberta para o persoal escolar. Non obstante, as persoas interesadas en participar en futuras mobilidades poden poñerse en contacto coa Coordinación de Programas Internacionais para seren incluídas na base de datos de posibles solicitantes. Deste xeito, poderán recibir información e indicacións en canto se publique a correspondente convocatoria por parte da Consellería ou coa Deputación de Pontevedra.

.

 

 

Para solicitar mais información escribe a: programas.internacionais.cifp.xunqueira@edu.xunta.gal

 

Esta páxina contén información xeral dos programas Erasmus+. A información concreta para cada programa será facilitada, cada curso, ao alumnado interesado, en base ao establecido nas convocatorias vixentes en cada momento.  Calquera dúbida ou contradición resolverase aplicando o establecido na convocatoria vixente.

 

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.