Oferta formativa da familia de Madeira, moble e cortiza

Neste apartado atoparás os accesos á información sobre os ciclos formativos de Madeira, moble e cortiza ofertados no CIFP A Xunqueira:
- Ciclo de formación profesional básica de Carpintaría e moble.
- Ciclo medio de Carpintaría e moble.
- Ciclo medio de Instalación e amoblamento.
- Ciclo superior de Deseño e amoblamento.
Ciclo de formación profesional básica de Carpintaría e moble
- Grao: Básico
- Duración: 2000 horas (Dous cursos)
- Que título se obtén?: Título profesional básico en Carpintaría e moble.
Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, adicadas á fabricación e á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de acabamento e tapizado de mobles en xeral.
Ciclo medio de Carpintaría e moble
- Grao: Medio (LOE).
- Duración: 2000 horas. (Dous cursos).
- Que título se obtén?: Técnico/a en carpintaría e moble.
Que se aprende a facer?
Fabricar elementos de carpintaría e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, acabamento, almacenamento e expedición de produtos, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Industrias dedicadas á fabricación e a montaxe de moblaxe e elementos de carpintaría, e na aplicación de produtos de acabamento..
Ciclo medio de Instalación e amoblamento
- Grao: Medio (LOE)
- Duración: 2000 horas. (Dous cursos no réxime ordinario).
- Que titulación se obtén?: Técnico/a en Instalación e amoblamento.
Que se aprende a facer?
Instalar elementos de carpintaría e estructuras de madeira e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, axuste e acabamento, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas dedicadas á montaxe e a instalación de carpintaría e amoblamento, e á aplicación de produtos de acabamento.
Ciclo superior de Deseño e amoblamento
- Grao: Superior (LOE)
- Duración: 2000 horas. (Dous cursos no réxime ordinario).
- Que titulación se obtén?: Técnico/a superior en sistemas de telecomunicacións e informáticos.
Que se aprende a facer?
Deseñar mobles e elementos de carpintaría, xestionar a súa produción e a súa instalación, e participar no mantemento dos sistemas de calidade, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
No sector da produción e a instalación de carpintaría e moble, en pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou por conta propia, desenvolvendo funcións de deseño técnico, supervisión da produción, fabricación automatizada, execución de proxectos de amoblamento e montaxe de instalacións.
