Mantemento electrónico
Que se aprende a facer?
Manter e reparar equipamentos e sistemas electrónicos, profesionais, industriais e de consumo, así como planificar e organizar os procesos de mantemento, con criterios de calidade, aplicando a normativa e os plans de prevención de riscos laborais e ambientais.
En que ámbitos se traballa?
Empresas do sector servizos, tanto privadas como públicas, dedicadas ao mantemento e a reparación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións, sistemas microprocesados,redes de banda larga, telemática e radiocomunicacións, así como equipamentos industriais e profesionais de audio e vídeo, por conta propia ou allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas de radio e televisión,e sistemas de produción audiovisual; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas de radio e televisión, e sistemas de produción audiovisual; técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas de radiodifusión; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas de radiodifusión; técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas domóticos, inmóticos e de seguridade electrónica; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas domóticos, inmóticos e de seguridade electrónica;técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de redes locais e sistemas telemáticos; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos de redes locais e sistemas telemáticos; técnico/a en supervisión, verificación e control de sistemas de radioenlaces; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos profesionais de audio; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos profesionais de vídeo;técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos industriais.
