Pago taxas para expedición de título
Para pagar as taxas para a expedición do Título académico e profesional obtido podes facelo online entrando na Oficina Virtual de ATRIGA (Axencia Tributaria de Galicia)
No apartado “Pago de taxas e prezos”, ao premer en “Iniciar Taxa” mostraranse tres opcións entre as que poderás elixir en función de se tendes ou non certificado dixital, chave365 ou non.
O candado aberto é a opción que tendes que elixir se non despoñes nin de chave365 nin de certificado.
En calquera caso, abrirase a xanela de “Autoliquidación e pago de taxas e prezos” e terás que premer en “Iniciar taxa”.
En “Datos de taxa” tes que meter os seguintes datos:
Taxa: poñer o código 302003 (LOE) ou 302001 (LOXSE)
Delegación: código 13 (Servicios Centrais)
Obxecto de pago: poñer “Pago depósito título do CM/CS de…”
En “Datos de pago” en “A ingresar”: 22,07€ (Ciclo Medio) ou 54,00€ (Ciclo Superior)
Seguir cubrindo o resto de datos persoais (só no caso de non dispor de Chave365 ou Certificado dixital) requiridos e escoller pago telemático ou presencial.
Unha vez pagado, enviar, por mail (administracion.cifp.xunqueira@edu.xunta.gal), á Secretaría do Centro unha copia do ingreso «Exemplar para a Administración», poñer no asunto do correo: PAGOTIT
Importante: Sen realizar este último paso, non se garantiza o trámite de expedición de título.