skip to Main Content

Entorno dixital do alumnado

No noso Centro o uso das tecnoloxías dixitais está na base do aprendizaxe. Para garantir que sempre estés informado/a utilizamos canles oficiais específicos. Recorda: se unha información non está nestes canles, non é oficial.

Canles dixitais autorizados de comunicación:

  • Xade: Rexistro dos teus datos académicos e persoais.

Os datos necesarios para xestionar a túa matrícula e o teu expediente quedan arquivados en Xade.

Os teus datos deben estar sempre actualizados, xa que Abalar e outras aplicacións “beben” de Xade.

Para que sirve? Matrícula, emisión de certificados académicos, expediente académico, proporcionar datos a Abalar e outras aplicacións oficiais, etc.

Que tedes que facer? Proporcionar os datos requiridos no momento da túa matrícula. Mantelos actualizados. Cando precises un Certificado de estudos xa finalizados, solicítalo na Secretaría do Centro.

  • Abalar: A canle de comunicación oficial.

Esta é a canle prioritaria de comunicación entre o Centro, ti e/ou a túa familia.

É obrigatorio tela instalada e coas notificacións activadas.

Para que sirve? Consultar notas, pedir titorías, xustificar faltas de asistencia, recibir avisos do teu profesorado e da Dirección, recibir comunicacións legais (apercibimentos, comunicacións oficiais, etc), descargar directamente o teu certificado de matrícula do curso actual, etc.

Descarga a aplicación: Descubre aquí como instalarla.

Se es menor de idade as comunicacións as recibirá a túa familia.

Cando cumpras a maioría de idade, podes solicitar en Administración que sexas ti quen reciba as comunicacións.

  • Moodle: A túa Aula Virtual (só alumnado presencial*)

Para que sirve? Descargar materiais, entregar tarefas online e chatear co teu profesor/a sobre dúbidas de clase.

Alta: É preciso que facilitedes un correo electrónico no momento da matrícula no Ciclo para poder darvos de alta, con ese correo, nas aulas virtuais de cada módulo. Nese correo recibirás as notificacións da aula virtual.

As titorías docentes comprobarán na primeira semana de curso os correos electrónicos para asegurar o acceso á aula virtual.

Acceso: Unha vez dados de alta, a forma de acceso será con usuario (o voso DNI coa letra en minúscula) e clave (se os dará unha contrasinal inicial, facilitada polo titor/a na primeira reunión, que DEBERÁS cambiar máis tarde).

*O alumnado matriculado no ensino a distancia utiliza a plataforma de FP Distancia

  • Web corporativa: a túa porta dixital de entrada ao Centro.

www.cifpaxunqueira.eu

Aquí encontrarás a oferta formativa, admisión, calendarios escolares, trámites que podes solicitar (secretaría), información esencial que debes coñecer (alumnado), bolsa de emprego,… y todas as novas relevantes na vida do Centro. Tamén encontrarás información sobre Erasmus+ (actas de selección, etc)

  • Redes Sociais: actividades, eventos e experiencias do alumnado.

Instagram (@cifpaxunqueira), a vida do Centro día a día: actividades, saídas, proxectos, logros do alumnado e contidos máis visuais e dinámicos pensados para ti.

Tamén publicamos en facebook e youtube.

Conectividade:

Accede a wifi do Centro, seleccionando a rede: edu.xunta.gal

Para conectarte, tedes que seguir o seguinte manual de conexión, con instrucións para Windows, Linux, Android, MacOS e iOS.

Precisarás un usuario e un pin que te facilitará, a principio de curso, á túa titoría.

Código de conducta dixital:

  • Canles autorizados: Non se utilizarán grupos de whatsapp para a entrega de traballos ou comunicación oficial co profesorado. Usa Moodle ou Abalar.ç
  • Seguridade: Non compartas as túas contrasinales. Es responsable de toda actividade realizada co teu usuario.
  • Dereito a desconexión: O profesorado responderá as túas dúbidas en horario lectivo. Non esperes respostas inmediatas fora do seu horario ou fins de semana.
  • Linguaxe: Utiliza unha linguaxe axeitada ao entorno académico e profesional. O ton será siempre respetuoso, claro e profesional , evitando tacos o palabras malsonantes que podrían xerar malentendidos u ofender.

 

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.