Oferta formativa da familia de Servizos socioculturais e á comunidade

Neste apartado atoparás os accesos á información sobre os ciclos formativos de Servizos socioculturais e á comunidade ofertados no CIFP A Xunqueira:
- Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia.
- Ciclo superior de Educación infantil.
- Ciclo superior de Integración social.
Ciclo de formación profesional básica de Actividades domésticas e limpeza de edificios
- Grao: Básico (LOMCE)
- Duración: 2000 horas (Dous cursos)
- Que título se obtén?: Profesional básico en actividades domésticas elimpeza de edificios.
Que se aprende a facer?
Actividades domésticas de limpeza, cociña, coidado de roupa e apoio a persoas no ámbito doméstico, así como realizar operacións básicas de limpeza en edificios, oficinas e locais comerciais, seguindo instrucións e respectando as normas de calidade e a normativa ambiental e de seguridade e hixiene no traballo vixente, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira .
En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en domicilios particulares e en empresas públicas ou privadas de calquera tamaño, no sector da limpeza e hixiene de calquera clase de edificios, locais, centros ou institucións sanitarias e de saúde, públicos ou privados, industrias, elementos de transporte (terrestre, aéreo ou marítimo), máquinas, espazos e instalacións, soportes publicitarios e moblaxe urbana. Desempeñará as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa de persoal responsable, e poderá traballar de xeito autónomo ou integrarse nun equipo de traballo.
Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia
- Grao: Medio (LOE).
- Duración: 2000 horas. (Dous cursos).
- Que título se obtén?: Técnico/a en atención a persoas en situación de dependencia.
Que se aprende a facer?
Atender as persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional, co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.
En que ámbitos se traballa?
No sector de servizos ás persoas, de carácter asistencial, psicosocial e de apoio á xestión doméstica.
Ciclo superior de Educación infantil
- Grao: Superior (LOE)
- Duración: 2000 horas
- Que titulación se obtén?: Técnico/a superior en Educación Infantil.
Que se aprende a facer?
Deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, en base á proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.
En que ámbitos se traballa?
No sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.
Ciclo superior de Integración social
- Grao: Superior (LOE)
- Duración: 2000 horas
- Que titulación se obtén?: Técnico/a superior en Integración Social.
Que se aprende a facer?
Programar, organizar, pór en práctica e avaliar as intervencións de integración social aplicando estratexias e técnicas específicas, promovendo a igualdade de oportunidades, con actitude de respecto cara ás persoas destinatarias e garantindo a creación de ámbitos seguros, tanto para profesionais como para as persoas destinatarias.
En que ámbitos se traballa?
No sector dos servizos ás persoas (de tipo asistencial, educativo, de apoio na xestión doméstica e psicosocial) e no de servizos á comunidade (atención psicosocial,a colectivos e persoas em desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral, promoción de igualdade de oportunidades e defensa dos dereitos das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e as súas fillas).
