skip to Main Content

Oferta formativa da familia de Transporte e mantemento de vehículos


Neste apartado atoparás os accesos á información sobre os ciclos formativos de Transporte e mantemento de vehículos ofertados no CIFP A Xunqueira:


Ciclo medio de Carrozaría

  • Grao: Medio (LOE)
  • Duración: 2000 horas (Dous cursos)
  • Que título se obtén?: Técnico/a en carrozaría.

Que se aprende a facer?

Realizar as operacións de reparación, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de carrozaría, bastidor, cabina e equipamentos ou apeiros, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Nas industrias de construción e mantemento de vehículos, na área de carrozaría, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas, e ferrocarrís, así como noutros sectores produtivos onde se realicen traballos de chapa, transformacións e adaptacións de carrozarías, adaptacións e montaxe de equipamentos de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e da construción, en vehículos pesados, e na construción e reparación de elementos de fibra, compostos e pintura.

Descargar PDF
Para completar esta información descarga o seguinte documento:
Información CMCARR


Ciclo medio de Electromecánica de vehículos

  • Grao: Medio (LOE).
  • Duración: 2000 horas. (Dous cursos).
  • Que título se obtén?: Técnico/a en electromecánica de vehículos automóbiles.

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade do sector da automoción, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e mercadorías. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas situadas noutros sectores produtivos onde se realicen traballos de mantemento de electromecánica (grupos electróxenos, cintas transportadoras movidas con motor de explosión).

Descargar PDF
Para completar esta información descarga o seguinte documento:
Información CMELVEA


Ciclo superior de Automoción

  • Grao: Medio (LOE)
  • Duración: 2000 horas. (Dous cursos no réxime ordinario).
  • Que titulación se obtén?: Técnico/a superior en automoción.

Que se aprende a facer?

Organizar, programar e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística no sector da automoción, diagnosticando avarías en casos complexos, e garantindo o cumprimento das especificacións establecidas pola normativa e polo fabricante do vehículo.

En que ámbitos se traballa?

No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas. Compañías de seguros. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica. Laboratorios de ensaios de conxuntos e subconxuntos de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e de mercadorias.

Descargar PDF
Para completar esta información descarga o seguinte documento:
Información CSAUTO

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.