IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: Unha ollada a outro xeito de contar e de ler. Curso 2025-2026
IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: Unha ollada a outro xeito de contar e de ler. Curso 2025-2026
Trátase de capturar nunha imaxe unha historia que se queira contar e poñer un título suxestivo en lingua galega.
Dirixido a alumnado, persoal docente e non docente do CIFP A Xunqueira.
Aberto o prazo de participación ata o 12 de novembro.
Premios: un vale de 60 euros en produtos culturais ao 1º premio e de 30 ao accésit.
Máis información en: https://www.tumblr.com/blog-biblioteca-cifp-a-xunqueira