skip to Main Content

V XORNADAS DE AUTOMOCIÓN

  • Novas

V Xornadas de automoción: Toda a información.

A Directora Xeral de FP referenda coa súa presenza as V Xornadas de Automoción do CIFP A Xunqueira

Pontevedra, 20 de febreiro de 2026 – O CIFP A Xunqueira consolídase como un referente na formación no sector  coa celebración da V edición das súas Xornadas de Automoción (20 e 21 de febreiro). O evento recibiu hoxe o impulso institucional coa visita e intervención da Directora Xeral de FP, Dña. Eugenia Pérez Fernández, quen quixo coñecer de preto o intenso programa de actividades que estase a desenvolver no Centro.

A Directora Xeral participou nunha xornada marcada pola diversidade de contidos, que incluíu dende demostracións técnicas de última xeración ata charlas formativas e mesas redondas con expertos e profesorado da familia profesional de distintos Centros. Durante a súa intervención, a Directora Xeral destacou a importancia deste tipo de foros para aliñar a capacitación académica coas demandas reais do mercado laboral e subliñou o crecimento do sector nos últimos anos.

Portas abertas á comunidade educativa
Este encontro coincide no tempo coa IV edición das Xornadas de Portas Abertas do Centro (19 e 20 de febreiro). Grazas a esta coincidencia, as instalacións recibiron a visita de numeroso alumnado procedente de diversos centros de ensino da contorna.

Estes estudantes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a ampla oferta formativa do CIFP, visitar os talleres e laboratorios, e observar as actividades técnicas das xornadas de automoción así como o día a día do Centro. Esta iniciativa busca orientar aos futuros alumnos e alumnas, amosándolles as saídas profesionais e a calidade dos equipamentos cos que conta o Centro para a súa aprendizaxe práctica.
Tamén, como parte das actividades de Portas Abertas, o Departamento de Madeira, moble e Cortiza invitou a un mestre toneleiro que aos seus 92 anos compartíu o seu “saber facer”.

Con esta dobre convocatoria, o CIFP A Xunqueira reafirma o seu compromiso coa divulgación técnica e a captación de talento.

 

Instagram do centro.

La Xunta pone en valor la utilidad de las jornadas de automoción del CIFP A Xunqueira para estrechar los vínculos de la FP con la realidad del sector

Novas publicadas:

1_Faro de Vigo

2_Faro de Vigo

 

Accesibilidade

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.